REGADE: Cara a unha Atención Temperá de calidade
Que é a Atención Temperá? É un conxunto de actuacións dirixidas ao neno/a, a súa familia e a súa contorna, desenvolvidas desde a acción coordinada dun equipo interdisciplinar, coa finalidade de dar resposta inmediata, planificada con carácter global, sistemática, dinámica e integral ás necesidades transitorias ou permanentes da poboación infantil que na primeira infancia (0-6 anos), presentan trastorno no seu desenvolvemento ou risco de padecelos.
Vai dirixida a:
- Nenos/as desde o nacemento ata os 6 anos con necesidades transitorias ou permanentes no desenvolvemento ou deficiencias.
- Ás familias dos nenos/as atendidos, xa que se considera a unidade do sistema familiar.
Existen axudas para as familias dos usuarios dos nosos centros que se tramitan a través da traballadora social do municipio; se son de educación, realízase a petición a través da dirección dos centros escolares. PodeS informarte tamén a través do noso correo electrónico.
CONTACTO
redautonomicagalicia@gmail.com
Facebook: Rede Galega Desenvolvemento Infantil